![]() |
Imaxe de Aenea librería |
Hoxe ás 11 da mañá, recibimos a visita de Minia Regos, unha ilustradora compostelana, que levou a cabo un divertido e inspirador obradoiro de ilustración!
Os nenos de 5º de primaria aprendimos o que é necesario para comezar a ilustrar. Ter lápiz e papel non é suficiente…Minia explicounos a importancia de ser creativo, de manexar as liñas e a cor e de aprender dos demais, en especial dos grandes artistas. Tamén nos contou cales foron as fontes de inspiración do seu último libro. “Tac, tac, tac , plof”.
É
unha historia preciosa que nos axuda a descubrir a beleza que esconde o fondo
do mar e a pensar en que debemos mantelo limpo. E puxémonos mans a obra para
debuxar a Ocaso!
Moitas grazas, Minia! Foi un pracer aprender de ti un ano máis!
Se queres saber máis sobre a obra de Minia, visita o seu blog.
Se queres saber máis sobre a obra de Minia, visita o seu blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario