Como moitos xa sabedes, onte pola tarde tivemos un visita moi especial que fixo as delicias dos máis cativos: Os Bolechas!
Seis irmáns, os seus pais e a súa inseparable mascota Chispa son os protagonistas da máis importante e afamada serie da nosa literatura infantil. Con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor entre nenos e nenas e o máis importante, contribuén a fomentar o gusto pola lectura e na promoción e difusión da lingua galega.
O seu coche aparcado na entrada xa anuncia a a súa visita!
Un dos momentos máis especiais foi a súa entrada no patio e o recibimento polos máis pequenos:
Os nenos do coro lles deron a coñecer o seu proxecto solidario Smiley Water e as profes tamén tiveron a oportunidade de tomar unha foto coas personaxes.
Grazas, Bolechas!
Se queres saber máis sobre Os Bolechas, fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario