martes, 26 de abril de 2016

O noso libro de refráns

Os alumnos de 1º ESO A coordinados pola súa profesora de Lingua galega, Carmen García, e coa colaboración da orientadora, Sabel Chorén, achegáronse á lectura dun xeito diferente: a través de refráns. Recompilaron unha chea deles e quixeron compartilos cos compañeiros doutras clases, que estiveron moi atentos e participaron nos retos que lles propuxeron. Velaquí unhas imaxes nas que Nuria, Alicia, Diego e Manuel presentan o seu traballo nas aulas de 3º ESO A e 1º BAC. 






Podes consultar o seu libro a continuación. Parabéns, rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario