lunes, 21 de marzo de 2016

O Día Mundial da Poesía en primaria

Os alumnos de primaria tamén celebraron  o Día Mundial da Poesía participando nunha interesante e divertida actividade organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.
Recibiron a visita de dúas monitoras coas que leron e recitaron varios poemas en galego. Ademais, gozaron compartindo o seu traballo con outros escolares da cidade. Acaban de gravar este vídeo que recolle o seu bo facer e por suposto, quéreno compartir con todos vós. Parabéns, rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario